Adega Casa da Barrosa

 Adega Casa da Barrosa é unha pequena adega familiar, cunha longa tradición, dende 1834. Conta con viñedos propios, coidados con paixón e sumo esmero. Perdura no tempo por  saber combinar as tradicionais técnicas vitivinícolas da zona do Salnés, coas actuais técnicas enolóxicas, obtendo un excelente caldo, digno dos mais  esixentes padais, froito dunha filosofía onde prima a cultura do  vino en todos os seus ámbitos.

 

Coas douradas uvas albariñas seleccionadas con esmero, obtense este caldo con cheiro a flores e froitos campestres e matices de mel. O seu sabor a maza cunha suave acidez final que envolve o padal co seu frescor. 

 

Situada  na zona de denominación de orixe RIAS BAIXAS,  subzona Salnés o vino producido nesta adega é froito do mimo dunhas cepas plantadas fai anos, cuns coñecementos transmitidos de xeración en xeración.  Os viñedos crecen sobre fermosos bancais soleados,  nunha pequena aldea  preto do mar, A Barrosa,  no Concello de Sanxenxo.

 

Os viñedos de tradición familiar contan con modernas instalacións para obter unha produción limitada, que se fai delicada para o padal, cheo de aroma e sabor.

Albariño Casa da Barrosa

A Barrosa, 39, Adina, Sanxenxo, 36.979, PONTEVEDRA
629803140
info@casadabarrosa.es
Logo de la UE Logo del Gobierno Logo de la Xunta